Croquetas de queixo azul e brócoli

Gústanme moito as croquetas, as que máis as de xamón, aínda que sempre teño ganas de probar outras. Cando vin a receita de croquetas de brócoli pensei que lles quedaría ben o queixo azul e aquí están. O sabor do queixo azul é moi potente é mellor non engadir moito para que se poidan notar o resto de sabores. Como sempre pasa coas croquetas sen glute, darlles forma e envolvelas dará un pouco máis de traballo que no caso de facelas con glute.


 Ingredientes:

  • 1 allo porro pequeno
  • 1 brócoli pequeno
  • 1 dente de allo
  • 25 g de amidón de millo
  • 25 g de manteiga
  • 250 ml de leite
  • 40 g de queixo azul
  • Pementa negra moída
  • Sal
  • Pemento doco ao gusto
  • 1 ovo grande
  • Pan relado sen glute


Elaboración:

  1. Cortamos o brócoli en anacos máis ou menos iguais, cocemos ao vapor e reservamos.
  2. Picamos o allo porro e o dente de allo.
  3. Na metade do leite disolvemos o amidón de millo.
  4. Poñemos a manteiga nunha tarteira ao lume suave e engadimos o allo porro e o dente de allo e deixamos que se cociñen ata que o allo porro estea transparente pero sen coller cor. Engadimos o pemento doce ao gusto e enseguida o leite.
  5. Cando a mestura empece a quentarse engadimos o leite mesturado co amidón de millo. Remexemos ata que a masa empece a espesar.
  6. Cortamos o brócoli en anacos pequenos e os engadimolos á masa.
  7. Engadimos o queixo azul en anacos pequenos, remexemos ata que se funda.
  8. Engadimos un pouco de pementa moída e rectificamos de sal, se é necesario.
  9. Remexemos e deixamos a mestura cociñándose uns 5 minutos.
  10. Pasamos a masa a unha fonte e deixámola arrefriar.
  11. Unha vez fría facemos boliñas de, aproximadamente, 3 cm de diámetro e envolvemos as croquetas pasándoas por pan relado, ovo batido e outra vez pan relado.
  12. Fritimos as croquetas en aceite ben quente ata que estean douradas.


Dificultade: Media, as croquetas sen glute, feitas con amidón de millo, dan máis traballo  para envolvelas
Tempo aproximado: 1 hora 30 minutos.
Alérxenos:






Comentarios