Biscoitos de soletilla

Estes biscoito son moi lixeiros e esponxosos. Só levan tres ingredientes e son moi fáciles de elaborar. Nesta receita é imprescindible peneirar o amidón se non formaranse grumos na masa. Son os biscoitos que se utilizan para o tiramisú pero con esta mesma receita pódense elaborar biscoitos para outras tortas. 


Ingredientes:

  • 2 ovos
  • 50 g de amidón de millo
  • 50 g de azucre
  • Azucre glas


Elaboración:

  1. Quentar o forno a 190ºC
  2. Separar as claras das xemas.
  3. Bater as claras ao punto de neve engadindo o azucre aos poucos. Bater ata que as claras estean ben montadas.
  4. Engadir as xemas e bater rápido non moito tempo.
  5. Engadir o amidón de millo despois de peneiralo, mesturalo suavemente para que as claras non baixen.
  6. Poñer a mestura nunha manga pasteleira.
  7. Facer as formas dos biscoitos sobre a bandexa do forno cuberta con papel sulfurizado.
  8. Botar azucre glas por enriba dos biscoitos e deixalos repousar 2 ou 3 minutos.
  9. Volver a botar azucre glas.
  10. Metelos no forno uns 10 minutos.



Dificultade: Fácil

Tempo aproximado: 30 minutos.

Alérxenos:



Comentarios