Hamburguesas de garavanzos con crema Feta

Cun bote de garavanzos, e pouco máis, podemos elaborar unhas   "hamburguesas"  vexetarianas moi ricas e moi fáciles de cociñar. Se queremos  preparalas con antelación non hai ningún problema pódese gardar a pasta na neveira e mesmo conxelala . Quedan moi ricas acompañadas coa crema de queixo  Feta, e tamén lles vai ben calquera salsa picante.


Ingredientes:

Hamburguesas

  • 400 g de garavanzos cocidos
  • 100 g de arroz integral cocido
  • 10 g de follas de cilantro fresco
  • 1 cebola morada, pequena
  • 3 dentes de allo
  • 50 g de fariña de garavanzo
  • 1 culleriña de comiño moído
  • 1 culler de aceite de oliva
  • Pementa negra moída e sal ao gusto

Crema Feta

  • 50 g de queixo Feta
  • 75 g de iogur grego
  • Sal e pementa ao gusto

Elaboración:

  1. Poñer todos os ingredientes nun procesador de alimentos e triturar ata ter unha pasta homoxénea.
  2. Deixar a pasta na neveira repousando. Canto máis tempo estea repousando mellor, como mínimo deixala 15 minutos.
  3. Acender o forno a 180ºC
  4. Facer unhas 8 porcións iguais e darlles forma de hamburguesas.
  5. Quentar un pouco de aceite, nunha tixola, a lume medio-alto e dourar as hamburguesas polas dúa caras.
  6. Colocalas nunha fonte de forno con papel sulfurizado e fornear durante 15-20 minutos.
  7. Para a crema de Feta mesturar, na batedora, todos os ingredientes.
  8. Servir as hamburguesas coa crema Feta , cebola morada e algunha salsa picante.



Dificultade: Fácil

Tempo aproximado: 50 minutos máis o tempo de repouso.

Alérxenos:



Comentarios