Bica milla

Máis de un ano sen publicar, ás veces as cousas complícanse. Para a volta escollín esta receita de bica, é un tipo de biscoito que me encanta e, desde que teño que facer dieta sen glute, non volvín tomar. Hai moitos tipos de bica, eu quería facela con fariña de millo, atopei esta receita que chamoume moito atención, nunca vira a recita dun biscoito con masa de pan. Creo que o máis importante para facer a bica, do tipo que sexa, é utilizar manteiga cocida e non manteiga normal, o sabor e moi diferente e moi característico de moitos doces galegos.




Ingredientes:

Masa pan de millo: 
  • 350 g de mestura, ao 50%, de fariña milla e fariña sen glute Schär (Mix It Rústico)
  • 225 ml de auga morna
  • 1/2 sobre de levadura de panadería
  • 1 culleriña de sal
Bica:
  • 90 g de manteiga cocida
  • 200g de azúcar
  • 4 ovos
  • 125 g de masa de pan de millo
  • 125 g de mestura, ao 50%, de fariña milla e fariña de arroz integral
  • Reladura de limón

Elaboración:

Masa pan de millo: 
  1. Mestúrase o fermento coa fariña 
  2. Mesturase a auga morna co sal.
  3. Mestúranse a dúas cousas coa batedora usando o gancho de amasar
  4. Ir botando a auga pouco a pouco.
  5. Amasar ata conseguir unha masa  brandiña e que non se pegue. 
  6. Déixase dobrar de volume nun cunco aceitado e tapado, ao redor de dúas horas.

Bica:
  1. Bátese a manteiga en pomada co azucre ata que a mestura branquee.
  2. Engádense os ovos en dúas quendas coa reladura e bátese todo ata que se incorporen ben. 
  3. A continuación vaise engadindo a masa de pan en porcións pequenas.
  4. Despois engádese a mestura de fariñas.
  5. Cando todo estea ben mesturado pásase a masa a un molde molde rectangular ou cadrado.E mellor poner papel sulfurizado no molde para poder sacala con facilidade.
  6. Botar por enriba un pouco de azucre.
  7. Métese a bica ao forno, previamente quentado a 190 º C, e déixase media hora.
  8. Déixase arrefriar un pouco e desmóldase.


Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora máis o tempo de repouso da masa de pan.
Alérxenos :

Lácteos

Ovos

(Esta infomación refírese aos produtos non industriais, os produtos industrias utilizados na receita indican os alérxenos que conteñen no seu envase)




Comentarios