Iogur grego

Para obter iogur é necesario que se produza a fermentación da lactosa, que se transforma en ácido láctico, esta fermentación realizana as bacterias. Podemos obter as bacterias dun iogur. Unha cuestión importante é a temperatura, non pode ser máis alta de 46ºC, porque entón morreran as bacterias, polo demais o proceso é ben simple.
Unha vez feito o iogur se o que se quere é iogur tipo grego, haberá que separar unha parte do soro para ter un iogur máis cremoso.
Eu fago o iogur nun baño maría de temperatura controlada (sous vide), pero pode facerse no forno.



Ingredientes:

1 litro de leite fresco ecolóxico, 1 iogur natural ecolóxico.


Elaboración:

  1. Mesturar o iogur e o leite.
  2. Poñelos nun recipiente dentro dun baño maría coa temperatura controlada a 45ºC e deixalo durante 8 horas.
  3. Despois deste proceso xa está feito o iogur.
  4. Para conseguir iogur tipo grego, pasar o iogur a un pano fino e deixar que filtre durante dúas horas na neveira.
  5. Se despois dese tempo aínda non ten a consistencia desexada deixalo outras dúas horas.
  6. Gardar o iogur en frascos de cristal.
  7. Os iogures terán  mellor consistencia e sabor ao día seguinte.



Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 10 horas
Alérxenos:

Comentarios