Cogomelos guisados con noodles

Cada vez máis prefiro comer pratos vexetarianos. Os cogomelos son unha boa opción para variar a dieta. Esta receita é moi fácil e os cogomelos quedan moi saborosos, acompañeinos con noodles, pero poden facerse con arroz, con pasta ou con ovos.



Ingredientes:

500 g de cogomelos variados, dúas cenorias, 1 cebola mediana, 1 dente de allo, un anaco de 2 cm de xenxibre, 4 pementos do "piquillo", perexil, coandro, aceite de oliva virxe, pementa, pemento picante, curry, sal, anacardos.


Elaboración:


  1. Picar o allo e o xenxibre.
  2. Poñer nunha tixola dúas culleres de aceite, cando estea quente engadir o allo e o cilantro.
  3. Despois de 2 minutos engadir a cebola, os pementos picados  e as cenorias todo  picado en anacos pequenos.
  4. Cando a cebola estea transparente engadir os cogomelos en anacos, remexer.
  5. Engadir a pementa o pemento picante, o curry e o sal, cando os cogomelos estean medio feitos.
  6. Deixar facer uns 20 minutos.
  7. Torrar os anacardos nunha tixola e reservar
  8. Preparar os noodles segundo as instrucións do paquete.
  9. Servir os noodles e botar por enriba os cogomelos guisados. 
  10. Engadir anacardos tostados e coandro ao gusto.



Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 30 minutos.
Alérxenos:


Comentarios