Berenxenas con anchoas

Hai tempo que quería preparar berenxenas ao forno e lembreime da receita que preparaba unha amiga, que as facía con anchoas. Esta é a receita, con algunha variación. Son moi fáciles e rápidas de preparar.



Ingredientes:

2 berenxenas medianas, 6 filetes de anchoas en conserva, 4 culleres de salsa de tomate, queixo parmesano relado, 1 ovo, pementa negra moída.


Elaboración:


  1. Cortar as berenxenas á metade ao longo.
  2. Meter as berenxenas no microondas a máxima potencia durante un 10 minutos ou ata que estean ben feitas.
  3. Deixar arrefriar e separar a pulpa da pel das berenxenas.
  4. Triturar a pulpa, engadir os ovos, a salsa de tomate, as anchoas, o queixo ao gusto e a pementa. Triturar todo xunto ata ter unha mestura homoxénea.
  5. Encher as peles de berenxena coa mestura preparada. Botar un pouco de queixo relado por enriba.
  6. Acender o gratinador do forno a 180ºC.
  7. Meter as berenxenas no forno e deixalas ata que estean torradas.




Dificultade: Moi fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.
Alérxenos:


Comentarios