Sopa de cogomelos

Unha sopa rica, rica e moi fácil de cociñar. Atopei a receita en "Claudia&Julia", para que sexa sen glute eliminei o pan da receita orixinal. Tamén lle botei máis champiñóns e non lle botei romeu porque non tiña. Usei os últimos tomates da horta da variedade azul e negra, moi maduros. O caldo empregado foi de polo, a próxima vez usarei de vexetais.
Quedou unha sopa riquísima que a partir de agora seguro que farei con moita frecuencia.



Ingredientes:

100 g de champiñóns, 100 g de cogomelos shiitake, 2 cebolas pequenas, 2 dentes de allo, 2 pólas pequenas de apio, 400 g de tomate, 1 litro de caldo vexetal ou de polo, unhas poliñas de tomiño, aceite de oliva virxe.


Elaboración:


  1. Picar a cebola en anacos moi pequenos. Poñer a cebola nunha tixola cun pouco de aceite. Cociñar a lume suave ata que estea transparente.
  2. Engadir os dentes de allo moi picados.
  3. Engadir os champiñóns picados en anacos pequenos. Remexer e deixar que todo siga cociñándose despacio un 5 minutos.
  4. Engadir os cogomelos shiitake picados en anacos moi pequenos. Remexer e seguir cociñando.
  5. Engadir o apio cortado en anacos finos.
  6. Cortar os tomates pelados en cubos dun cm de lado e engadilos á tixola.
  7. Deixar a tixola ao lume e remexer.
  8. Despois duns 5 minutos pasar o contido da tixola a unha tarteira e engadir o caldo e o tomiño.
  9. Deixar que ferva durante  uns 20 minutos.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos.
Alérxenos:

Comentarios