Biscoitos de arroz

Esta receita é unha versión libre dos típicos bolinhos de arroz portugueses. Eu utilicei aceite de xirasol en vez de manteiga, por iso de diminuir as graxas saturadas, e os moldes non son os típicos que se utilizan en Portugal , polo demais a receita é a mesma.
Son uns biscoitos densos, moi ricos e perfectos para tomar con café o con chocolate á taza.



Ingredientes:

200g de azucre, 60 g de aceite de xirasol, 1 ovo, 2 xemas, a pel relada dun limón, 120 g de fariña milla, 280 g de fariña de arroz, 140 g de leite enteiro, 2 culleriñas de impulsor químico.


Elaboración: 

  1. Acender o forno a a 170ºC, arriba e abaixo.
  2. Bater o azucre, os ovos e as xemas.
  3. Engadir o aceite, o leite e a pel relada de limón, mesturar ben.
  4. Mesturar as fariñas e o impulsor.
  5. Engadir a mestura de fariña aos ovos co azucre, remexer suavemente ata que toda a fariña estea imcorporada.
  6. Pasar a mestura aos moldes. Espolvorear con azucre ao gusto.
  7. Meter os biscoitos no forno durante 25 minutos.
  8. Deixar arrefriar antes de comelos.



Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 50 minutos.
Alérxenos:


Comentarios