Marmelada de amorodos con cecimbre

Este ano, ao volver a facer a marmelada de amorodos, decidin darlle un toque diferente e engadin unha follas de cecimbre, a verdade é que quedou moi rica, seguramente a próxima vez engada máis cecimbre para que o seu sabor sexa un pouco máis intenso. Tamén decidín botarlle menos azucre, penso que non é necesario utilizar tanto azucre para facer riquísimas marmeladas. 





Ingredientes:

2 kg de amorodos, 750 g de azucre, 4 ou 5 follas de cecimbre.

Elaboración:


  1. Lavar e cortar os amorodos.
  2. Mesturar os amorodos co azucre e deixar repousar unha noite.
  3. Poñer ao lume suave os amorodos e o azucre, deixar que fervan suavemente
  4. Remexer de vez en cando.
  5. Cando a marrmelada acade os 104º ou 105ªC retirar do lume.
  6. Pasar a marmelada aos botes de conservas, ben limpos, e pechalos ao baleiro.
  7. Etiquetar os botes e gardalos na despensa.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado:  1 hora e 30 minutos.
Alérxenos:
Non contén

Comentarios