A primeira vez que fixen estas galletas engadín 110 g de azucre pareceume que quedaron un pouco doces demais, esta segunda vez puxen 90 g, para o meu gosto están mellor. Na receita orixinal utilizábase manteiga pero son moito máis saudables con aceite de oliva, usándose unha variedade suave quedan moi ben. A fariña de garavanzo sabe moito na masa en cru, pero unha vez cociñadas o sabor é moi suave.
Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 30 minutos máis o repouso.
Alérxenos:
Ingredientes:
1 ovo, 1 limón, 90 g de azucre moreno, 6 culleres de aceite de oliva virxe extra (variedade arbequina ou calquera outra suave), 70 g de fariña de garavanzos, 150 g de amidón de millo, 1 culleriña de impulsor.Elaboración:
- Mesturar o aceite de oliva, o azucre, a pel do limón relada e 6 culleriñas de zume de limón.
- Engadir o ovo e mesturar.
- Engadir a fariña de garavanzos, o amidón de millo e o impulsor, mesturar, primeiro cunha culler, e terminar amasando coas mans.
- Facer unha bóla coa masa e envolvela en film, gardala na neveira unha hora.
- Despois da hora acender o forno a 180ºC.
- Sacar da neveira e facer unhas boliñas como de 2 cm de diámetro, poñelas na bandexa do forno, cuberta con papel sulfurizado.
- Aplastar lixeiramente as boliñas e meter a bandexa no forno.
- Deixar cocer uns 15 minutos ou ata que as galletas empecen a dourarse.
- Sacalas do forno e deixalas arrefriar antes de gardalas nunha lata.
Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 30 minutos máis o repouso.
Alérxenos:
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión