Xeado de mandarina


O inverno non parece o momento máis axeitado para tomar xeados, con todo é cando as laranxas e mandarinas están máis saborosas así que hai que aproveitar se queremos facer xeados naturais.
Nesta receita ademais de usar o zume de mandarina tamén engadín a polpa que quedou no espremedor, así o xeado ten moito máis sabor.

Ingredientes:

325 g de leite condensado, 180 g de iogur grego, 100 ml de auga, 200 ml de zume de mandarina e a polpa que quede no espremedor.


Elaboración:

  1. Mesturar todos os ingredientes. Ademais de engadir o zume de mandarina engadir, tamén, a polpa da mandarina que quedou no espremedor.
  2. Remexer ata ter unha crema homoxénea, non bater a mestura para que non colla aire.
  3. Gardar na neveira ata o día seguinte.
  4. Pasar o preparado á máquina de xeados*.
  5. Gardar no conxelador. 
  6. Para consumir sacar un pouco antes.


Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 1h  máis o repouso.
Alérxenos:

Comentarios