Pudin rápido de mazá

Encántame as tortas de mazás e esta pareceume tan fácil que tiña que facela. É moi , moi fácil de facer, a preparación dos ingredientes non leva máis de 15 minutos. O resultado é parecido a un flan cheo de mazá que resulta moi saboroso.




Ingredientes:

4 mazás medianas tipo "reineta", 3 ovos, 45 g de amidón de millo, 40 g de améndoa moída, 120 g de azucre, 375 g de nata (33%)


Elaboración:


  1. Quentar o forno a 175ºC
  2. Mesturar todos os ingredientes agás as mazás.
  3. Pelar as mazás e cortalas en anacos desiguais.
  4. Encher un molde* cos anacos de mazás.
  5. Engadir a mestura do resto de ingredientes, esta mestura non ten que cubrir totalmente os anacos de mazás.
  6. Meter no forno durante 1 hora e 15 minutos.
  7. Cando a superficie da tarta empece a torrarse tapala cun papel de alumnio e deixar que siga cocendo.
  8. Transcorrido o tempo pinchar a tarta para comprobar que estea feita.
  9. Sacar do forno e deixar arrefriar.

* Se o molde é desmontable forralo con papel de forno.

Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 1h e 30 minutos máis o repouso.
Alérxenos: