Xeado de noces





Ingredientes: 

500 g de noces, 1 litro e medio de leite, 4 culleres de azucre, 2 culleres de azucre invertido.


Elaboración:


  1. Mesturar todos os ingredientes nunha tarteira e poñelos ao lume suave.
  2. Deixar facer moi despacio durante uns 70 ou 80 minutos. Ten que quedar cunha consistencia como de natas lixeiras.
  3. Coar a mestura para separar as noces.
  4. Engadir ao líquido algunhas das noces e trituralas coa batedora.
  5. Deixar que a mestura arrefríe e despois gardala ata o día seguinte na neveira.
  6. Pasar o preparado á máquina de xeados*.
  7. Gardar no conxelador. 
  8. Para consumir sacar un pouco antes.



*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.

Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 1h e 30 minutos máis o repouso.
Alérxenos:

Comentarios