Crema especiada de vexetais

Co outono chegan as cremas de verduras e as potaxes de legumes, esta receita é case unha mestura desas dúas preparacións. Ten un puntiño picante que cada un pode poñer ao seu gusto engadindo máis ou menos tabasco. As especias danlle un sabor especial e enche a cociña dun cheiro moi agradable.


Ingredientes:

3 allos porros, 1 cabaza mediana, 1 cabaciña grande, 500 g de garavanzos cocidos, 1 dente de allo,1 lata de tomate natural, 1 culleriña de comiños moídos, 1 culleriña de canela moída, 2 culleriñas de pemento doce afumado, 1 culleriña de salsa tabasco, sal, pementa negra moída, aceite de oliva virxe extra. Para acompañar fritir  unha cebola mediana cortada en toros finos, iogur ou queixo feta.


Elaboración:


  1. Lavar e cortar os allos porros en anacos de 3 cm .
  2. Pelar e cortar a cabaza en cubos.
  3. Poñer aceite no fondo dunha tarteira e engadir os allos porros , a cabaza e o dente de allo.
  4. Cando as verduras estean un pouco brandas engadir o comiño, a canela, o tabasco e o pemento, remexer .
  5. Engadir o tomate e cubrir de agua.
  6. Deixar ferver ata que a cabaza estea feita.
  7. Pasar as verduras polo procesador de alimentos ata ter unha crema suave.
  8. Poñer ao lume e engadir, o sal e a pementa negra.
  9. Engadir os garavanzos e a cabaciña moi picada, remexer e deixar cocer ata que a cabaciña estea feita.
  10. Servir acompañada da cebola frita e dunha culleriña de iogur ou queixo feta esnaquizado.




Dificultade: Fácil.
Tempo: 1 hora e 30 minutos.
Alérxenos: Se non se acompaña de lácteos non ten.

Comentarios