Tarta de aguacate e lima

Penso que non estamos moi afeitos a tomar o aguacate como o que é, unha froita, o utilizamos case sempre de maneira salgada, así que cando vin esta tarta en varios sitios de internet, chamoume moito atención. É unha torta fácil de facer e non necesita forno nin cociñar ningún ingrediente. 
A maioría de tortas de lima ou limón levan moitos ovos e manteiga polo que son moi pesadas, esta é xusto o contrario. Ao recheo non lle puxen nada de azucre porque me pareceu que a base xa era bastante doce e a verdade que acertei, así queda máis equilibrada entre o doce da base e o acedo do recheo.




Ingredientes:

Para a base
200 g de noces variadas (macadamia, pacanas e normais), 7 dátiles medjool, 50 g de coco relado, 1 culler de aceite de xirasol, 1 culler de zume de lima, a pel relada de media lima.
Para o recheo
2 aguacates maduros, o zume de 3 ou 4 limas, 100 ml de leite de coco, a pel relada dunha lima, 1 culler de aceite de xirasol.


Elaboración:

Base
  1. Poñer todos os ingredientes nun procesador e triturar ata ter unha pasta. Se se tritura moito as noces empezarán a botar aceite.
  2. Cubrir coa pasta o molde que vaia a utilizarse e gardar no conxelador.

Recheo

  1. Poñer todos os ingredientes nun procesador e triturar ata ter unha crema suave.
  2. Encher o molde preparado coa pasta anterior.
  3. Poñer no conxelador.
  4. Sacar do conxelador  5 minutos antes de servir.
  5. Adornar con noces caramelizadas, froitos vermellos e pel relada de lima.




Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 45 minutos
Alérxenos:

Comentarios