Xeado de toffee caseiro

Que rico é o toffee e ademais ben fácil de facer. De vez en cando fago un bote que, normalmente, non dura moito. Nesta ocasión decidín facer un xeado que será o último desta tempada, quedou moi rico e cremoso. O xeado tamén é moi fácil de facer así que aquí temos dúas receitas sinxelas e deliciosas.



Ingredientes:

1 bote de leite condensado de 350 ml, 250 ml de leite evaporado, 125 ml de nata (35%)


Elaboración:


  1. Poñer o bote de leite condensado nunha tarteira con auga. Quentar e deixalo ferver durante dúas horas controlando que a auga cubra totalmente, e sempre, o bote de leite condensado.
  2. Deixar arrefriar o bote sen abrilo, pode ser perigoso.
  3. Cando o bote estea a temperatura ambiente abrilo e poñer o toffee nunha tarteira co leite evaporado e a nata.
  4. Poñer a quentar a lume suave remexendo ata que o toffee se desfaga totalmente.
  5. Deixar arrefriar a mestura.
  6. Gardar na neveira ata o día seguinte.
  7. Pasar o preparado á máquina de xeados*.
  8. Gardar no conxelador. 
  9. Para consumir sacar un pouco antes.


*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.


Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 2h e 30 minutos máis o repouso.
Alérxenos:

Comentarios