Sorbete de plátano

Esta receita case non é unha receita, é tan fácil, tan fácil que dubidei se publicala ou non. É unha forma estupenda de aproveitar os plátanos que xa están excesivamente maduros e que, polo menos a min, xa non nos apetece comer. 
Encántame comer plátano acompañado dun anaco de chocolate, así que me parece que o chocolate, de diferentes maneiras, salsa, relado, etc... é perfecto par acompañar este sorbete.
O puré de plátanos maduros queda tan cremoso que o resultado é como un xeado, aínda que en realidade non leva ningunha graxa e por tanto é un sorbete. 


Ingredientes: 

Plátanos moi maduros, azucre ao gusto, chocolate relado para acompañar.


Elaboración:

  1. Pelar e quitarlle as fibras aos plátanos.
  2. Poñelos na batedora e facer un puré fino.
  3. Probar e engadir un pouco de azucre se é necesario.
  4. Pasar o puré á máquina de xeados*.
  5. Gardar no conxelador. 
  6. Para consumir sacar un pouco antes.




*Pode facerse sen máquina metendo o puré no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.

Dificultade: Facilísimo.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Alérxenos:
Non contén

Comentarios