Empanadiñas de bonito con aceitunas sen glute

Facer masas sen glute non é nada fácil e non todas quedan ben, así que sigo buscando distintas opcións para as diferentes elaboracións. Esta receita de empanadiñas está feita cunha masa que queda bastante fácil de manexar e estirar. Predomina un pouco o sabor da mandioca, a próxima vez rebaixarei a súa cantidade, aínda así gustáronme bastante e como xa dixen resultou facil estirar a masa e elaborar as empanadiñas. En vez de facerse no forno tamén poden fritirse.
Saíronme unhas 15 empanadiñas e a metade conxeleinas. 



Ingredientes:

Premestura
150 g de amidón de millo, 100 g de amidón de mandioca, 100 g de fariña de trigo sarraceno, 50 g de fariña de arroz, 10 g de chía moída, 20 g de amidón de pataca, 60 g de leite en po ,2 culleriñas de xantana
Masa
200 g de premestura, 25 g de amidón de mandioca, 1 culleriña de xantana, 1 ovo, 2 culleres de aceite, agua, sal, "chicle" de mandioca ( 75 ml de auga, 1 culler de amidón de mandioca)
Recheo
2 cebolas pequenas, 2 latas pequenas de bonito en aceite, 4 pementos do "piquillo" en conserva, aceitunas kalamata, 1 ovo cocido, aceite virxe extra, sal, 1 ovo batido para pintar.


Elaboración:

Premestura
Mesturar todos os ingredientes, reservar. Sobrará premestura que poderemos gardar para usar noutra ocasión.

Masa
  1. Primero facemos o "chicle" de mandioca mesturando a auga fría co amidón, levámolo ao lume ata que se forme un "chicle" que se separa das paredes da tarteira.
  2. Agora mesturamos os ingredientes secos da masa.
  3. Engadimos o ovo, o aceite, sal ao gusto e o "chicle", aos ingredientes secos e imos amasando engadindo a auga ata ter unha masa lisa que se separa das paredes do recipiente.
  4. Deixamos repousar a masa na neveira mentres preparamos o recheo.

Recheo

  1. Picamos as cebolas en anacos pequenos.
  2. Poñemos a cebola picada nunha tixola cun pouco de aceite e deixamos que se faga despaciño ata que estea transparente.
  3. Engadimos os pementos picados e deixamos que se cociñen uns 5 minutos.
  4. Retiramos a tixola do lume e engadimos o bonito, o ovo cocido picado e as aceitunas picadas.
  5. Rectificamos de sal e reservamos ata que a mestura estea morna.
Montaxe:
  1. Sacamos a masa da neveira e a estiramos ata que teña uns 2 ou 3 mm de espesor.
  2. Cortamos círculos duns 10 cm de diámetro. Repetimos o proceso ata terminar a masa.
  3. Poñemos un pouco de recheo en cada círculo, mollamos os bordos con auga e pechamos as empanadiñas cun garfo ou utilizando un molde.
  4. Pintamos as empanadiñas con ovo batido e metémolas ao forno a 160ºC ata que collan cor.
  5. As empanadiñas poden conxelarse.





Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos
Alérxenos: