Xeado de melón e iogur

Tiña moitas ganas de facer un xeado de melón, aínda que a receita é moi fácil o principal problema é atopar un melón que estea no seu punto. Engadín un estabilizante para conseguir que o xeado estea un pouco máis cremoso, xa que o melón ten demasiada agua. O azucre debe engadirse ao final, despois de probar a mestura, porque a cantidade necesaria dependerá moito do doce que sexa o melón. Neste caso a graxa apórtaa o iogur grego, pero a próxima vez vou engadir "crème fraîche" para aumentar a cremosidade.


Ingredientes:

400 g de pulpa de melón, 1 iogur grego, 4 culleriñas Prosorbet de Home Chef, azucre ao gusto. 


Elaboración:

  1. Mesturar todos os ingredientes na batedora, ata que o melón estea desfeito e todo ben mesturado.
  2. Engadir o azucre segundo o gusto e o grao de dulzor do melón.
  3. Deixar repousar no frigorífico 12 horas.
  4. Pasar o preparado á máquina de xeados*.
  5. Gardar no conxelador. 
  6. Para consumir sacar un pouco antes.




*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.

Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 30 minutos máis o repouso.
Alérxenos: