luns, 5 de xuño de 2017

Polos de vainilla cubertos de chocolate negro

Comeza a tempada de xeados. Empezamos cun clásico: polo de xeado de vainilla cuberto de chocolate negro. A verdade é que a combinación do xeado de vainilla co chocolate negro está fabulosa e máis co chocolate Barry que é exquisito e aínda sendo do 70% só ten un lixeiro toque amargo. 
Poden utilizarse como moldes para polos pequenos vasiños de plástico e cando o xeado empeza a endurecer insérense os pauciños.



Ingredientes: 

200 g de leite evaporado, 200 g de nata (35%), 3 xemas de ovos, 125 g de azucre, 1 vaina de vainilla, 300 g de chocolate negro (Barry Saint-Domingue 70%)


Elaboración:


  1. Mesturar o leite e a nata, engadir a vainilla e poñer ao lume.
  2. Cando o leite e a nata empecen a ferver apagar o lume e deixar que repouse 30 minutos.
  3. Mesturar as xemas e o azucre.
  4. Despois dos 30 minutos engadir o leite e a nata, xunto coa vainilla, ás xemas co azucre, remexer ata que estean ben mesturadas.
  5. Poñer a mestura ao lume suave e quentar sen que ferva (que non pase de 85ºC)
  6. Remexer continuamente ata ter unha crema lixeira.
  7. Retirar do lume, deixar arrefriar.
  8. Coar a crema e pasala á máquina de facer xeados.
  9. Unha vez feito o xeado encher os moldes de polo e metelos no conxelador ata o día seguinte.
  10. Poñer 250 g de chocolate un cazo e derretelo ao baño María.
  11. Unha vez derretido sacar do baño e engadir os 50 g restantes, remexer ata que todo o chocolate estea fundido.
  12. Cando o chocolate estea a 35ºC pasalo a un vaso alto onde entren os polos.
  13. Sacar os polos do conxelador e bañalos en chocolate deixándoos boca abaixo sobre o vaso ata que escorregue o chocolate sobrante.
  14. Ir poñendo os polos sobre papel de forno ata que o chocolate estea seco e metelos no conxelador.


Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora.
Alérxenos: