Marmelada de amorodos

Desde que empecei a facer receitas de marmeladas caseiras xa non podo coas industriais. Vou aproveitando a froita de tempada para ter sempre algúns botes na despensa. Agora tocan amorodos. Como todas as marmeladas é unha receita sinxela, só hai que ter un pouco de paciencia e prestarlle atención mentres se vai facendo.


Ingredientes:

2 kg de amorodos maduros, 1 kg de azucre, 1 limón.

Elaboración:

  1. Lavar ben os amorodos.
  2. Cortalos en catro anacos. Se son moi grandes cortalos en seis anacos.
  3. Mesturar os amorodos cortados co azucre e o zume do limón.
  4. Deixar repousar unha noite.
  5. Poñer todo nunha tarteira a lume suave.
  6. Deixar que ferva remexendo de vez en cando.
  7. Cando a marrmelada acade os 104º ou 105ªC retirar do lume.
  8. Pasar a marmelada aos botes de conservas, ben limpos, e pechalos ao baleiro.
  9. Etiquetar os botes e gardalos na despensa.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado:  1 hora e 30 minutos.
Alérxenos:
Non contén

Comentarios