Torta de chocolate negro e améndoa

Chocolate por partida dobre, e por enriba unha receita ben fácil, que máis se pode pedir? Aínda que nunca se fixera unha torta seguro que esta sae ben xa que a receita non ten ningunha dificulta, iso sí, ten que gustar o chocolate negro. 
Coas cantidades da receita é mellor empregar un molde pequeno para que quede un biscoito un pouco máis alto.


Ingredientes:

100 g de manteiga, 150 g de chocolate negro para fundir, 125 g de azucre branco, 125 g de améndoa moída, 4 ovos, 1 sobre de impulsor químico. Para a cobertura: 200 g de nata para montar, 200 g de chocolate negro para fundir, 50 g de manteiga.

Elaboración:


  1. Separar as claras das xemas.
  2. Poñer nun cazo os 100 g de manteiga e os 150 g de chocolate, fundir a lume suave.
  3. Bater as claras a punto de neve e reservar.
  4. Bater as xemas co azucre.
  5. Cando as xemas estean cremosas engadir o chocolate fundido coa manteiga, bater ata que estean ben mesturadas.
  6. Engadir as claras a punto de neve remexer suavemente ata que estean ben mesturadas.
  7. Engadir a améndoa moída e o impulsor químico, remexer ata ter unha mestura homoxénea.
  8. Quentar o forno a 180ºC.
  9. Pasar a mestura a un molde desmontable duns 20 cm de diámetro. Se o molde é de metal distribuír un pouco de manteiga e cubrir de amidón de millo o interior para que non se pegue.
  10. Meter o molde no forno uns 30 minutos.
  11. Para facer a cobertura poñemos a quentar a nata ata que ferva.
  12. Retiramos do lume e engadimos o chocolate troceado e a manteiga.
  13. Remexemos ata ter unha crema homoxénea.
  14. Cando o biscoito estea feito deixamos que arrefríe un pouco fóra do forno.
  15. Botamos por enriba do biscoito a cobertura cubríndoo ben.
  16. Deixamos na neveira ata que a cobertura estea dura.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 15 minutos.
Alérxenos:


Comentarios