Chegou o entroido e o momento de facer filloas, aínda que a min gústanme tanto que as fago en calquera época do ano. Tiña ganas de probalas de chocolate e por outro lado tiña ganas de facer algo con froitos vermellos así que xa está, combinación perfecta¡¡ É unha receita ben fácil o único que hai que ter en conta que as filloas canto máis finas mellor. Como as fariñas sen gluten espesan de maneira diferente, segundo a que se utilice igual hai que engadir un pouco máis de auga e leite. A masa ten que quedar como unhas natas lixeiras e escorregar ben pola filloeira.
Recén feitas, é como están maís ricas¡
Para o coulis: 340 g de froitos vermellos variados, 60 g de auga, 30 g de zume de limón, 90 g de azucre.
Ademais: Froitos vermellos variados para servir coas filloas.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.
Alérxenos:
Recén feitas, é como están maís ricas¡
Ingredientes:
Para as filloas:2 ovos, 100 g de fariña de repostaría sen glute (nesta receita utilizouse a marca Adpan), 150 g de leite, 150 g de auga, 25 g de cacao puro en pó, 50 g de azucre, un pouquiño de manteiga para untar a filloeira.Para o coulis: 340 g de froitos vermellos variados, 60 g de auga, 30 g de zume de limón, 90 g de azucre.
Ademais: Froitos vermellos variados para servir coas filloas.
Elaboración:
Para as filloas:
- Bater os ovos, engadir a fariña, o caco, o leite e a auga, remexer ben. Se queda algún grumo coar a mestura.
- Poñer ao lume a filloeira, untar cun pouquiño de manteiga.
- Cando a filloeira estea ben quente botar un pouquiño da mestura inclinándoa para que a filloa quede fina.
- Cando os bordos da filloa empezan a estar feitos, dar volta deixar uns segundos, despois pasar a filloa a un prato.
- Repetir ata terminar a mestura.
Para o coulis:
- Poñer todos os ingredientes nun cazo a lume suave.
- Remexer de vez en cando.
- Cando os froitos estean desfeitos retirar do lume.
- Pasar o puré por un coador para retirar as sementes. Reservar.
Montaxe:
- Servir as filloas co coulis de froitos vermellos e froitos frescos.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.
Alérxenos:
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión