venres, 30 de decembro de 2016

"Tatín" de patacas e tomate

Volvo ás receitas de Yotam Ottolenghi, en concreto do seu libro "El gourmet vexetariano". Esta é unha receita que quería facer dende hai tempo pero cando atopaba patacas do tamaño axeitado non tiña tempo e cando o tiña non había patacas pequenas. Por fin puiden facela e aquí está o resultado.



Ingredientes:

200 g de tomates "cherry" , 500 g de patacas moi pequenas, 1 cebola, 150 g de queixo de cabra fresco, 10 g de manteiga, 40 g de azucre, aceite de oliva virxe extra, ourego, sal e pementa negra moída, unha lámina de masa follada sen glute.

Elaboración:


  1. Cortar os tomates pola metade e poñelo nunha bandexa do forno cuberta con papel sulfurizado.
  2. Botarlles sal, pementa e un pouquiño de aceite.
  3. Meter a bandexa no forno a 130ºC durante 45 minutos.
  4. Lavar as patacas e poñelas a cocer, coa pel, en auga salgada uns 25 minutos.
  5. Cando estean cocidaaas deixar arrefriar, cortar as puntas e despois cortalas en toros duns 2 cm.
  6. Cortar en xuliana a cebola e pochala nunha tixola cun poquiño de aceite e sal.
  7. Poñer nun cazo a manteiga e o azucre. Quentar a lume suave ata ter un xarope escuro.
  8. Forrar con papel sulfurizado o fondo dun molde duns 22 cm de diámetro. Untar cun pouco de aceite e repartir o xarope pola superficie.
  9. Colocar os anacos de patacas cubrindo a superficie do molde.
  10. Nos ocos que quedan entre as patacas meter os tomates e a cebola. Botar un pouco de ourego por enriba.
  11. Cortar o queixo en láminas finas e cubrir as verduras.
  12. Cubrir coa lámina de masa follada e metela no molde cubrindo as patacas.
  13. Cociñar no forno a 200ºC durante uns 20 minutos, baixar a temperatura a 180ºC ata que a masa estea feita.
  14. Dar a volta ao molde sobre un prato.
  15. Servir a tarta quente ou morna.



Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora e 45 minutos
Alérxenos: