Pasteis de nata

Por fin me decidín a facer os pasteis de nata¡¡ Hai moito tempo que levo dándolle voltas, porque a verdade son moi ricos. Noutra ocasión que intentei facelos a cousa rematou en desatre. Hoxe saíron ben, agora si que ninguén espere que sexan iguais que os con glute, sobre todo porque a masa follada sen glute, ummm..., polo demais a receita é fácil.

Ingredientes:

250 ml de leite, 30 g de amidón de millo, 200 g de azúcre, 100 ml de auga, 4 xemas de ovo, 1 pau de canela, uns anacos da pel dun límón, unha prancha de masa follada sen glute.

Elaboración:


  1. Poñer a quentar 200 ml de leite co pau de canela e a pel de limón.
  2. Disolver o amidón de millo en 50 ml de leite frío.
  3. Cando o leite empece a ferver engadir o amidón disolto e remexer ata que a crema espese. Retirar do lume e reservar.
  4. Poñer a quentar o azucre coa auga. Deixar ferver 5 minutos.
  5. Engadir o xarope á crema sen deixar de remexer. Deixar que a mestura arrefríe.
  6. Cando a mestura estea fría engadir as xemas de ovo e remexer.
  7. Coar a crema e reservar.
  8. Facer un rolo coa prancha de masa follada.
  9. Cortar anacos duns 3 cm de longo.
  10. Poñer cada anaco nun molde de flan ou de madalenas. Apretar a masa para darlle a forma do molde.
  11. Deixar o fondo máis fino que os laterais.
  12. Pinchar cun garfo o fondo dos moldes.
  13. Verter a crema en cada molde, enchéndoos un terzo.
  14. Meter no forno a 240ºC durante 20 minutos.



Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora
Alérxenos:
 

Comentarios