Gústanme moitísimos o doces que levan améndoa e se fan por difuntos, pero como non os faga eu resultame imposible tomalos. Os "panellets" son os que adoito facer nesta época porque son moi fáciles e sempre quedan moi ricos. Este ano tocou de chocolate.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos máis o repouso.
Alérxenos:
Ingredientes:
1 xema de ovo, 200 g de améndoa moída, 150 g de azucre, 100 g de boniato, 3 culleriñas de cacao puro sen glute, chocolate negro para fundir.Elaboración:
- Cocer o boniato no microondas para que non colla auga.
- Unha vez cocido o boniato facelo puré.
- Mesturar a xema de ovo, a améndoa, o azucre e o puré de boniato.
- Engadir o cacao e merturar ben.
- Deixar repousar na neveira un par de horas.
- Acender o forno a 200ºC.
- Facer unhas boliñas coa masa e aplastalas un pouco.
- Poñer nunha bandexa de forno e cocelos durante 10 minutos.
- Sacar do forno e deixar arrefriar.
- Poñer o chocolate no microndas de 30 segundos en 30 segundos ata que estea fundido.
- Decorar co chocolate fundido os "panellets".
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos máis o repouso.
Alérxenos:
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión