Lasaña vexetal

Aínda que non me gustan demasiado os pratos de pasta a lasaña e os canelóns son os meus preferidos. Hai tempo que quería facer unha lasaña vexetal e por fin atopei o momento. Resulta sinxela de facer, hai que ter coidade á hora de cocer a pasta , eu fun cocendo as pranchas de lasaña de dúas en dúas para que non se peguen, cousa que sucede con frecuencia coa pasta sen glute. Para facher a bechamel usei amidón de millo. É mellor disolver o amidón de millo nun pouco de leite frío e logo botalo no cazo con leite quente, engadirlle un pouco de sal, pementa negra moída e noz moscada, e se se quere un pouco de manteiga, remexer ben ata que espese e xa está. Para facela máis lixeira non lle botei manteiga. 




Ingredientes:

1 berenxena, 1 cabaciña mediana, 4 cenorias, 1 cebola mediana, 4 pementos do piquillo en conserva, 6 planchas de lasaña sen glute, 250 ml de salsa de tomate, 250 ml de bechamel sen glute, un chisco de noz moscada, un chisco de pementa negra, queixo relado ao gusto, sal, aceite de oliva virxe extra.


Elaboración:

  1. Cortar a berenxena a metade, ao longo, facer uns cortes na carne sen chegar a cortar totalmente.
  2. Poner uns 4 minutos no microondas a máxima potencia.
  3. Sacar a carne e reservar.
  4. Picar a cebola e poñela nunha tarteira cun pouco de aceite engadirlle un chisco de sal e facela a lume moi suave e tapada.
  5. Cando a cebola estea transparente engadir a cabaciña, sen pelar,cortada en cubiños pequenos.
  6. Pelar e cortar as cenorias e engadilas á tarteira.
  7. Engadir a carne da berenxena.
  8. Deixar que se vaian facendo as verduras a lume moi suave.
  9. Cando estean bastante feitas engadir os pementos cortados en anacos pequenos.
  10. Salpimentar e engadir un chisco de noz moscada.
  11. Deixar que as verduras sigan facéndose a lume lento e destapadas para que se evapore a auga que soltan.
  12. Cocer a pasta seguindo as instrucción do paquete.
  13. Cubrir o fondo da fonte que se vai a utilizar con unhas culleres de salsa de tomate.
  14. Colocar unha ou dúas pranchas de lasaña, segundo o ancho da fonte, sobre a salsa de tomate.
  15. Poñer enriba unha capa das verduras xa feitas, cubrir con outra capa de pasta.
  16. Repetir o punto anterior rematando cunha prancha de lasaña.
  17. Poñer unhas culleres de salsa de tomate sobre a lasaña.
  18. Botar a bechamel por enriba.
  19. Engadir queixo relado ao gusto.
  20. Acender o forno a 180ºC co grill
  21. Meter a lasaña no forno e deixala  ata que o queixo estea torrado.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora
Alérxenos:

Comentarios