Doce de mazá

Sigo aproveitando produtos de tempada, agora mazás , como na casa gústanos moito tomar queixo con marmelo aproveito as mazás para facer este doce. Quedou moi rico, non excesivamente doce cun punto ácido, de maneira que non resulta moi pesado.  Cada vez gústame menos as marmeladas e os doces industrais pola cantidade de azucre que teñen asi que penso repetir estas receitas, ainda que coa cantidade que fixen esta vez temos para bastante tempo. 


Ingredientes:

1,5 kg de mazás, 1 limón, 300 g de azucre moreno, 300 g de azucre branco, dous anacos de xenxibre de 2 cm de grosor, un pau de canela.

Elaboración:


  1. Pelar e cortar as mazás en anacos medianos
  2. Poñer as mazás nunha tarteira, engadir o zume do limón.
  3. Poñer a tarteira ao lume suave, engadir o xenxibre e o pau de canela.
  4. Remexer de vez en cando ata que as mázas estean feitas, se é necesario botar un pouquiño de auga.
  5. Cando as mazás estean feitas retirar os anacos de xenxibre e o pau de canela. Pasar a batedora e facer un puré.
  6. Poñer o puré de mazás outra vez na tarteira e engadir os azucres.
  7. Poñer a lume suave e deixar cocer remexendo con frecuencia.
  8. Retirar do lume cando o puré estea caramelizado e empeza a separarse das paredes da tarteira.
  9. Botar o doce en varios moldes pequenos ou nun grande. 
  10. Gardar na neveira ata que colla consistencia.
  11. Os anacos de doce pódense gardar no conxelador ata o momento de consumilos.



Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 2 horas.
Alérxenos:
Non contén

Comentarios