domingo, 25 de setembro de 2016

Biscoitos de nata e améndoa

Estes pequenos biscoitos son perfectos para telos gardados nunha caixa de galletas e utilizalos para acompañar un café. Coa cantidade de azucre que se indica non resultan demasiado doces e a nata dalles un puntiño ácedo, así que non son nada empalagosos. Son moi fáciles de facer e durarán varios días.


Ingredientes:

4 ovos, 50 g de amidón de millo, 150 g de améndoa moída, 160 g de azucre, 200 g de nata, 2 culleriñas de impulsor químico.


Elaboración:


  1. Montar a nata e reservar na neveira.
  2. Bater os ovos co azucre ata que o seu volume sexa o dobre.
  3. Engadir pouco a pouco e remexendo suavemente o amidón de millo, a améndoa moída e o impulsor químico.
  4. Engadir remexendo suavemente a nata montada.
  5. Reservar a mestura na neveira un par de horas, así os biscoitos subirán moito máis.
  6. Acender o forno a 220ºC.
  7. Poñer a mestura en moldes de "financiers", ou nun molde de biscoito.
  8. Meter no forno ata que os biscoitos estean dourados. O tempo dependerá do tipo de molde que se utilizce, cos molde de "financiers" tardan uns 20 minutos.




Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora máis o repouso na neveira.
Alérxenos: