Xeado de canela

Empezamos, aínda que sexa un pouco tarde, a tempada de xeados con este de canela, moi sinxelo, fácil e moi, moi saboroso. Nesta receita volvo a utilizar o azucre invertido, que facía tempo que non usaba, e o xeado quedou moi cremoso. A próxima vez que faga este xeado utilizarei o dobre de cantidades de ingredientes porque durou moi pouco.


Ingredientes:

500 g de leite enteiro, 150 g de nata, 3 ou 4 paus de canela, 100 g de azucre, 30 g de glicosa, 20 g de azucre invertido, 35 g de leite en po, 4 g de estabilizante.




Elaboración:

  1. Quentar o leite e a nata cos paus de canela, deixar ao lume moi suave durante unha hora. Reservar na neveira ata o día seguinte.
  2. Volver a quentar o leite e a nata cos paus de canela. Deixar ao lume moi suave durante unha hora. Reservar ata que arrefríe.
  3. Retirar os paus de canela, volver a temperar a infusión e engadir o leite en po, o azucre invertido e a glicosa mesturada cun pouco de azucre.
  4. Mesturar o resto do azucre e o estabilizante, engadir a mestura á infusión.
  5. Quentar ata 86ºC.
  6. Arrefriar rápido e deixar repousar no frigorífico entre 12 e 24 horas.
  7. Pasar o preparado á máquina de xeados*.
  8. Gardar no conxelador. Para consumir sacar un pouco antes do conxelador.



Dificultade: media
Tempo aproximado: 1º día 1 hora+ 2º dia 2 horas + repouso.
Alérxenos:


Comentarios