Espárragos brancos frescos con vinagreta de allo negro

Esta é unha receita moi, moi fácil e estupenda cando empeza a calor. Gústanme moito os espárragos brancos, normalmente tómoos en conserva pero cando os hai frescos sempre aproveito para facelos. Podes atopar espárragos excelentes a bo prezo. Neste caso fixen unha vinagreta con allo negro, pero tamén están boísimos simplemente cun puco de aceite de oliva de boa calidade.


Ingredientes:

12 espárragos brancos frescos, 1/2 cebola morada, 4 dentes de allo negro, 1 ovo, ceboliño fresco ao gusto, 1 guindilla fresca vemella, aceite de oliva virxe extra, vinagre, sal.


Elaboración:


  1. Pelar os espárragos utilizando un pelador, ter coidado de non romper as xemas. Pasar o pelador polo espárrago ata que se elimina toda a capa dura de fóra.
  2. Poñer a ferver, nunha tarteira, abundante auga con sal.
  3. Cando a auga estea fervendo engadir os espárragos e deixar cocer 10 ou 15 minutos ata que estean tenros, o tempo que tarden dependerá da calidade e o grosor dos espárragos. Non cocelos demasiado.
  4. Cocer o ovo, poñéndoo en auga fervendo durante 10 minutos.
  5. Cando os espárragos estean cocidos sacar da auga e deixar arrefriar. Escorrer ben toda a auga.
  6. Cando o ovo estea cocido, deixalo arrefriar e quitarlle a casca.
  7. Para a vinagreta picar o resto dos ingredientes e relar o ovo cocido, mesturar todos os ingredientes con aceite e vinagre ao gusto.
  8. Poñer os espárrgos nunha fonte e botar por enriba a vinagreta.
  9. Servir frescos.




Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 25 minutos máis o tempo que tarden en arrefriar os espárragos.
Alérxenos:
Non contén.

Comentarios