Pudla con pesto, espárragos trigueiros e tirabeques

A pudla é un tipo de filloa da India feita con fariña de garavanzos, normalmente leva cilantro e chile, nesta versión leva só perexil picado. O pesto é de albahaca e rúcula e os espárrgos e os tirabeques só están escaldados e dan un punto crocante ao prato.
A masa para facer as pudlas e o pesto poden prepararse con antelación, así que é unha receita que pode servir para unha comida ou cea rápida. 





Ingredientes:

Pesto: 1 presa de albahaca fresca, 2 presas de rúcula fresca, 1 dente de allo, 30 g de queixo parmesano relado, 1 presa de piñóns, aceite de oliva virxe extra.
Pudla: 300 g de fariña de garavanzos, 200 g de auga, sal, unha presa de perexil, pementa negra moída.
Ademais: Un atado de espárragos trigueiros e uns 300 g de tirabeques, queixo parmesano en lascas.



Elaboración:

Pesto:

  1. Torrar lixeiramente os piñóns nunha tixola.
  2. Mesturar todos os ingredientes nun procesador de alimentos ata ter unha pasta.
  3. Se se quere alixeirar máis o pesto engadir un pouco de auga e un pouco máis de aceite.
  4. Reservar.

Pudla:

  1. Picar o perexil.
  2. Mesturar todos os ingredientes, a pasta ten que quedar coa consistencia das filloas.
  3. Quentar unha tixola cun pouco de aceite de oliva.
  4. Cando a tixola estea quente engadir a masa das pudlas ata que quede unha capa duns 2 ou 3 milimetros de grosor. 
  5. Cando a superficie empece a estar seca dar a volta á pudla e facela un minuto máis pola outra cara.
  6. Retirar da tixola e repetir o proceso ata rematar toda a masa. 
  7. Reservar quentes as pudlas.


Montaxe

  1. Quitarlles aos espárragos a parte máis dura e cortalos en anacos duns 4 cm. 
  2. Escaldalos 1 minuto en auga fervendo e parar a cocción pasándoos a auga moi fría.
  3. Limpar os tirabeques quitándolles o fío do bordo.
  4. Escaldalos 1 minuto en auga fervendo e parar a cocción pasándoos a auga moi fría.
  5. Untar as pudlas co pesto, colocar por enriba anacos de espárragos e tirabeques, engadir o parmesano en lascas e botar un fio de aceite de oliva por enriba.



Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 45 minutos.
Alérxenos: