Galletas craqueladas de chocolate

Levaba tempo con ganas de facer unha galletas de chocolate que foran moi fáciles de elaborar, entón acordeime dunhas  galletas de améndoa e auga de azahar que fixen hai tempo, e que son moi fáciles. Así que coa base da mesma receita fixen estoutras de chocolate ¡¡están riquísimas¡¡ e realmente son moi, moi fáciles. Creo que vou repetilas en breve.


Ingredientes:

150 g de améndoa moída, 35 g de fariña de arroz, 70 g de azucre, 1 ovo batido, 50 g de manteiga a temperatura ambiente, 40 g de cacao puro en po, 1/2 culleriña de impulsor químico, azucre glas para rebozar.


Elaboración:

  1. Acender o forno a 180ºC
  2. Mesturar todos os ingredientes, agás o azucre glas, ata ter unha masa homoxénea.
  3. Coa masa formar boliñas duns 3 cm de diámetro.
  4. Rebozar as boliñas en azucre glas.
  5. Poñelas na bandexa do forno un pouco separadas porque subirán.
  6. Metelas no forno uns 15 minutos.

Dificultade: Facilísimas.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Alérxenos:

Comentarios