Xeado de amorodos

Parece que xa chega a calor e comeza a tempada de xeados. O primeiro deste ano, un clásico. É moi sinxelo de elaborar só tres ingredientes comúns, un pouco de tempo, e xa está. Hai que procurar que os amorodos estéan saborosos e o resultado será boísimo. 



Ingredientes:

500 g de amorodos, 300 g de leite condensado, a pel relada dunha lima, 1 culler de azucre.


Elaboración:

  1. Separar uns 50 g de amorodos, picalos en anacos moi pequenos, engadirlles 1 culler de azucre e reservar.
  2. Poñer o resto dos amorodos nunha tarteira e engadir a pel relada da lima.
  3. Poñer a lume suave e deixar que se cociñen despacio.
  4. Cando os amorodos estean feitos pasalos á batedora e trituralos.
  5. Para quitar as sementes pasar o puré por un coador.
  6. Mesturar o puré de amorodos co leite condensado.
  7. Engadir os amorodos  reservados cortados en anaquiños.
  8. Refrixerar a mestura.
  9. Cando estea ben fría poñela na máquina* de xeados para mantecar.
  10. Gardar no conxelador. 
  11. Sacalo do conxelador uns 10 minutos antes de servir.



*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 40 minutos en elaborar máis o tempo de repouso.
Alérxenos:

Comentarios