Iogur cremoso caseiro con puré de mango

Hai pouco lin nalgún sitio, que o iogur grego se prepara deixando escorrer o iogur ata que teña a cremosidade adecuada, pero non leva nata engadida. Así que decidín intentalo, efectivamente conseguín un iogur moi cremoso  feito con leite semidesnatado. Acompañado do puré de mango quedou delicioso. 
Condo fixen o iogur para o meu gusto ainda estaba pouco ácido, así que deixei que repousara fóra da neveira ata o día seguinte e entón sí que tiña a acidez que me gusta a mín, este paso pode omitirse segundo o gusto de cada un.

Ingredientes:

1 litro de leite semidesnatado, 150 g de iogur natural, 1 mango maduro, o zume dunha lima, 2 culleres de azucre moscovado, unhas follas de herbaboa.


Elaboración:


  1. Quentar o leite a 90ºC, deixar que arrefríe ata 40ºC.
  2. Engadir o iogur e mesturar ben.
  3. Meter a tarteira no forno coa función fermentar durante 5 horas.
  4. Mentres, pelar o mango e cortalo en cubiños pequenos.
  5. Poñelo nunha tartaira xunto co zume de lima, o azucre e a herbaboa moi picadiña.
  6. Deixar que se faga a lume lento.
  7. Cando o mango estea feito retirar do lume e triturar coa batedora. Reservar.
  8. Despois das 5 horas cando o iogur estea feito sacalo do forno e deixar que arrefríe a temperatura ambiente.
  9. Probar o iogur e, se é necesario, deixalo repousar fóra da neveira ata que teña unha acidez ao gusto.
  10. Cubrir  un coador cun pano limpo de tea fina.
  11. Botar o iogur no coador e deixar que escorra a auga ata que o iogur teña a cremosidade que se queira. Mentres drenas o iogur déixao repousar na neveira.
  12. Poñer no fondo dun vasiño unha culler de puré de mango e enchelo co iogur.
  13. Gardar na neveira ata que se consouma.


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 7 horas incluíndo o tempo que o iogur estivo drenando.
Alérxenos:

Comentarios