Marmelada de laranxa con anís estrelado e cardamomo

Desde hai pouco tempo gústame o puntiño amargo das preparacións que levan pel de laranxa, así que por fin decidinme a preparar marmelada de laranxa. Case sempre as receitas de marmelada indican que se utilice o mesmo peso de azucre que de froita, para min así quedan demasiado doces e sempre poño menos. A quen lle guste moito o amargo da pel de laranxa pode saltarse os puntos 1 e 2 da receita, eu fágoo así porque queda menos amarga.



Ingredientes:

1 kg de laranxas, 600 g de azucre, 1 l de auga, 1 anís estrelado, 5 vaíñas de cardamomo, auga , 1 chisco de sal.



Elaboración:


  1. Cortar as laranxas en toros moi finos, pode facerse cunha mandolina.
  2. Poñer as laranxas na tarteira cubertas de auga e engadir o chisco de sal. Poñer ao lume.
  3. Cando empecen a ferver retirar do lume, quitar a auga e refrescar as laranxas con auga fría.
  4. Volver a poñer as laranxas na tarteira engadir o litro de auga, o cardamomo e o anís.
  5. Deixar que fervan uns 30 minutos , apagar o lume e deixalas repousar ata o día seguinte.
  6. Engadir o azucre e poñer a ferver ao lume suave e sen remexer.
  7. Cando a temperatura estea próxima a 100ºC remexer de vez en cando.
  8. A marmelada estará feita cando acade unha temperatura de 104º ou 105ºC.
  9. Deixar que arrefríe e pasar a marmelada a botes de cristal ben limpos. 
  10. Se vai consumirse en poucos día pode gardarse na neveira, senón pechar os botes facendo o baleiro.




Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora o primeiro día, 2 horas o segundo
Alérxenos: Non contén

Comentarios