luns, 22 de febreiro de 2016

Torta de laranxas sanguinas

Apetecíame facer un doce que levase froita. Despois de buscar na rede posibles opcións decidín utilizar laranxas sanguinas para facer unha tarta moi, moi simple. Todos os que a probaron din que está moi rica. Non resulta empalagosa e é fácil de cociñar, para diminuir as graxas utilicei margarina.


Ingredientes:

Para a base: 100 g de fariña sen glute (usei Schär mix C), 100 g de fariña de améndoa, 45 g de azucre, 90 g de margarina.
Para o recheo: 250 g de zume de laranxa sanguina, a pel relada dunha laranxa, un plátano maduro, 45 g de azucre muscovado, 1 culler de amidón de millo.
Para adornar: 6 toros de laranxas confeitadas.



Elaboración:

Base

  1. Mesturar todos ingredientes coas mans ata ter unha masa homoxénea.
  2. Deixar repousar.
  3. Cubrir o fondo do molde poñendo anacos da masa e presionando.
  4. Cubrir con papel de forno e poñer peso enriba para meter no forno.
  5. Meter no forno a 180º C uns 10 minutos.


Recheo

  1. Disolver o amidón de millo en 50 ml do zume de laranxa.
  2. Poñer o resto do zume nun cazo co azucre e a pel relada.
  3. Quentar, cando empece a ferver engadir o amidón de millo disolto.
  4. Remexer continuamente ata que espese un pouco.
  5. Triturar o plátano coa batedora de man, engadir á crema de zume de laranxa e seguir batendo ata ter unha crema homoxénea.


Montaxe:

  1. Botar a crema no molde e meter ao forno uns 30 minutos a 180ºC.
  2. Sacar do forno, deixar arrefriar e decorar coa laranxa confeitada.

Dificultade: Media
Tempo aproximado:  1 hora
Alérxenos: