Non poder tomar glute non ten que implicar renunciar a moitas sobremesas típicas que levan fariña de trigo. Iso si tes que estar disposta a "pelexar" coas masas sen glute que ás veces son un verdadeiro pesadelo. Neste caso facer a masa foi sinxelo o problema estivo á hora de estirala, as orellas teñen que quedar moi finas e esta masa rompe con facilidade, así que hai que ter paciencia e tratala con moito mimo, despois de todo isto xa podes gozar da orellas de entroido
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora máis o repouso na neveira.
Ingredientes:
150 g de fariña sen glute (Schär, mix C), 1 ovo grande, 50 g de manteiga fundida, 10 g de aceite de oliva virxe extra suave, 1 chisco de sal, 3 culleriñas de azucre, 2 culleriñas de esencia de anís, azucre para decorar, aceite de xirasol para fritir.Elaboración:
- Mesturar todos os ingredientes na batedora ata obter unha masa que se separe das paredes.
- Pode ser necesario engadir un pouco de auga dependendo do tamaño do ovo.
- Deixar repousar a masa polo menos unha hora na neveira.
- Sacar a masa da neveira e ir collendo anacos do tamaño dunha noz.
- Estirar cada anaco co rolete ata que a masa quede moi fina.
- Poñer a quentar aceite de xirasol nunha tixola e cando estea quente ir fritindo cada orella.
- Ao sacalas da tixola deixalas repousar sobre papel de cociña para que absorba o exceso de aceite.
- Botarlles azucre por enriba e servir.
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora máis o repouso na neveira.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión