Non sei se existen pero eu nunca atopei canelóns sen glute, así que utilizo filloas para substituír a pasta. Esta receita é unha copia da que facía unha amiga na súa viñoteca. A crema de cabaza tende a ser un pouco doce penso que non hai que cortarse co sal nin coa pementa, pero hai que ir probando para non pasarse. De cúrcuma mellor quedarse curtos.
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1h e media
Ingredientes:
6 filloas, 1 cabaza pequena, 1 cebola mediana, , 1 culler de manteiga, 2 culleres de amidón de millo (Maizena), 200 ml de leite frio, pementa negra moída, aceite de oliva virxe extra, sal, cúrcuma, pementa negra moída.Elaboración:
- Pelar e cortar a cabaza en anacos non moi grandes.
- Pelar e cortar a cebola en anacos pequenos.
- Poñer nunha cazola un pouco de aceite, quentalo a lume suave e engadir a cebola.
- Cando a cebola estea transparente engadir a cabaza, tapar a cazola e deixar que se faga a lume lento.
- De vez en cando remexer, e cando a cabaza estea brandiña ir esmagándoa cun garfo ata ter un puré.
- Engadir o sal, a pementa e a cúrcuma ao gusto. Deixar que se siga cociñando a lume lento.
- Cando estea feito o puré de cabaza deixar que arrefríe un pouco para poder encher as filloas.
- Ir poñendo unhas culleres de puré enriba de cada filloas e facer un rolo, cortar os extremos.
- Colocar as filloas recheas nunha fonte para o forno e reservar.
- Disolver a maizena nun pouco de leite frío.
- Poñer a quentar o resto do leite xunto coa manteiga.
- Cando o leite empece a estar quente engadir a maizena disolta e remexer continuamente ata que espese un pouco.
- Engadir sal e pementa ao gusto.
- Botar a bechamel por enriba das filloas.
- Meter a fonte ao forno co gratinador acendido e deixala ata que estean un pouco torradas por enriba.
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1h e media
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión