venres, 8 de xaneiro de 2016

Pexegos secos en xarope con queixo e noces

Seguramente despois das festas andarán pola casa, dando voltas, pexegos secos e outros froitos, esta receita, moi sinxela, é unha maneira diferentes de comelos, faise moi rápido e quedan moi ricos. A receita é unha adaptación dunha atopada no libro Persiana de Sabrina Ghayour , encántanme as súas receitas.


Ingredientes: 

100 g de pexegos secos, 250 ml de auga, 3 culleres de azucre, 1 pau de canela (5 cm aproximadamente), dúas ou tres tiras de pel de limón, 1 culler de zume de limón, 10 vaíñas de cardamomo lixeiramente esmagadas, queixo do Cebreiro, noces.


Elaboración:


  1. Poñer nun cazo a auga, o azucre, o pau de canela, a pel de limón e as vaíñas de cardamomo. 
  2. Poñer a cocer durante uns 10 minutos a lume suave.
  3. Engadir os pexegos secos e deixar cocer outros 10 minutos.
  4. Deixar arrefriar.
  5. Cando os pexegos estean fríos abrilos cun coitelo e enchelos co queixo.
  6. Poñer enriba do queixo un anaco de noz.
  7. Ao servilos botarlles por enriba o xarope.



Dificultade: Facilísimo.
Tempo aproximado: 30 minutos.