venres, 22 de xaneiro de 2016

Peras en xarope de cardamomo e auga de azahar

Esta é unha receita moi sinxela inspirada en varias receitas con peras que atopei aquí e alá. A auga de azahar e o cardamomo dan un aroma moi sutil ao xarope. Utilicei améndoas para darlle un puntiño crocante pero podería utilizarse calquera outro froito seco.


Ingredientes:

4 peras, 300 ml de auga de azahar, 200 g de azucre, 16 vaíñas de cardamomo, a pel dunha mandarina, 50 g de améndoas picadas en cubiños.


Elaboración:

  1. Poñer nun cazo, suficientemente grande para que entre as catro peras, a auga de azahar, as vaíñas de cardamomo lixeiramente esmagadas, e a pel da mandarina.
  2. Engadir auga suficiente para cubrir as peras.
  3. Poñer a ferver o líquido, deixar ferver uns 15 minutos.
  4. Pelar as peras e poñelas no cazo, baixar o lume para que fervan lentamente.
  5. Deixar ferver uns 20 minutos* ata que as peras estean cocidas pero non se desfagan.
  6. Retirar as peras do cazo e reservar.
  7. Subir o lume e deixar ferver o líquido ata ter un xarope lixeiro.
  8. Torrar as améndoas nunha tixola.
  9. Servir as peras cun pouco do xarope e améndoas esparexidas por enriba.
* Este tempo é orientativo dependerá un pouco do tipo de pera que se utilice. 



Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 45 minutos.