Vieiras ao xeito tradicional

Xa comentei noutra ocasión que a vieira é o meu molusco preferido, por fin tiven tempo de facelas ao modo tradicional, con moita cebola pochada. Esta receita  asócioa a celebracións, é un prato que sempre tomamos na cea de noiteboa; En realidade é unha receita moi sinxela sempre sae ben, só se necesitan unhas vieiras de bo tamaño.



Ingredientes:

6 vieiras grandes, 6 cebolas medianas, 2 dentes de allo, 1 folla de loureiro pequena, 50 ml de viño branco tipo Rias Baixas, azafrán, aceite de oliva virxe extra, sal, pan relado sen glute.

Elaboración:

  1. Limpar as vieiras e reservar.
  2. Pelar e picar as cebolas.
  3. Poñer a cebola picada nunha tarteira con pouco aceite a lume baixo.
  4. Deixar que a cebola se poche suavemente sen que colla cor.
  5. Cando a cebola estea case feita engadir a folla de loureiro e os dentes de allo picados.
  6. Engadir o viño, o azafrán e o sal.
  7. Acender o forno a 180ºC.
  8. Cando a cebola estea feita poñer as vieiras na parte curva da súa cuncha.
  9. Cubrir as vieiras coa cebola e meter no forno.
  10. Cando comeza a dourarse a cebola engadir por enriba un pouco de pan relado.
  11. Deixar que se gratinen durante uns 15 minutos.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 2 horas.

Comentarios