En case todas as casas ao final do Nadal sobran doces e sobre todo turrón. A min o turrón brando non me gusta demasiado pero estas galletas feitas con el están boísimas. É unha receita ben fácil e unha estupenda maneira de aproveitar o turrón que queda dando voltas pola casa.
Ingredientes:
200 g de turrón brando sen glute, 100 g de manteiga a temperatura ambiente, 65 g de azucre, 1 ovo grande, 250 g de fariña sen glute (usei Mix Dolci de Schär).
Elaboración:
- Bater a manteiga co azucre ata que estean ben mesturados.
- Engadir o ovo e seguir batendo.
- Esmiuzar o turrón en anacos pequenos.
- Ir engadindo a fariña e o turrón á mestura de manteiga e ovo e mesturar coa batedora.
- Sacar a masa da batedora e se está moi brandra engadir un pouco máis de fariña e amasar a man.
- Deixar repousar a masa na neveira uns 30 minutos.
- Sacar da neveira e estirar cun rolo ata ter un grosor de 0,5 ou 0,7 cm.
- Acender o forno a 200ºC.
- Cortar da forma desexada usando corta pastas.
- Poñer as galletas nas bandexas do forno cubertas con papel.
- Meter no forno uns 12 minutos.
- Cando estean douradas sacar do forno e deixar arrefriar.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión