Pastel de mazá con "crème fraîche"

Cando atopei esta receita de tarta de mazá enseguida quixen adaptala para facela sen glute. Estaba claro que ía estar boísima. Non resulta demasiado doce, aínda que supoño que iso dependerá un pouco do tipo de mazá que se utilicei, eu usei unha mazá ecolóxica lixeiramente aceda.
Outro dos ingredientes desta pastel é a crème fraîche, que é un tipo de nata fermentada un pouquiño aceda.



Ingredientes:

Recheo: 750 g de mazás, 75 g de amidón de millo (maizena), 150 g de azucre, 1 ovo, 240 ml de crème fraîche, 1 chisco de sal, 1 vaíña de vainilla.
Cobertura: 50 g de fariña de améndoa, 100 g de manteiga moi fría, 20 g de azucre branco, 20 g de azucre moreno, 1 culleriña de canela.


Elaboración:

Recheo:

  1. Mesturar o amidón de millo e o azucre.
  2. Pelar as mazás, cortar en cuartos e cada un deles cortalo en dous ou tres anacos dependendo do tamaño das mazás.
  3. Engadir os anacos de mazá á mestura de azucre e amidón e remexer para que queden rebozados.
  4. Raspar a vaíña de vainilla, engadir ao ovo, bater e engadilo ás mazás.
  5. Engadir a crème fraîche e remexer para mesturar todo ben.
  6. Pasar a mestura a un molde desmontable duns 24 cm de diámetro.
  7. Meter no forno a 170ºC durante 45 minutos.

Cobertura:

  1. Cortar a manteiga en dados e mesturala coas mans coa fariña de améndoa.
  2. Engadir os azucres e seguir mesturando coas mans.
  3. Engadir a canela e terminar de mesturar.
  4. Gardar na neveira ata que o recheo estea listo.

Montaxe:

  1. Cando o recheo estea lixeiramente tostado poñer anacos de cobertura sobre toda a superficie, a medida que se quente irá repartíndose sobre toda a tarta.
  2. Meter no forno a 170ºC durante 20 minutos ata que a cobertura estea lixeiramente tostada.
  3. Sacar do forno e deixar arrefriar antes de servir.



Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora e media.

Comentarios