Croquetas de xamón

A miñas croquetas preferidas son as de xamón, probei unhas cuantas maneiras de facelas sen glute e ao final quedeime con esta. É unha maneira un pouco diferente de facer unha "bechamel" pero o resultado é moi bo, as croquetas quedan moi crocantes por fóra e moi fluidas por dentro. Coma sempre que se cociñan receitas que levan fariña, ao facelas sen glute son un pouco máis latosas, neste caso, sobre todo á hora de envolvelas.





Ingredientes:


150 g de xamón picado, 70 g de manteiga, 80 g de maizena, 600 ml de leite, sal, pementa negra moída noz moscada relada. Para o rebozado: ovos, pan relado sen glute (Adpan),  Crunchy Crumbs (quedan máis crocantes, pero pode usarse pan relado sen glute)



Elaboración:


  1. Nun pouco de leite frío disolver a maizena, reservar.
  2. Poñer a quentar o resto do leite coa manteiga.
  3. Cando a manteiga e o leite estean quentes engadir o xamón relado e a maizena disolta, remexer ata que espese a bechamel.
  4. Rectificar de sal, engadir a pementa e a noz moscada.
  5. Deixar arrefriar a bechamel e logo deixala repousar na neveira ata que estea ben fría.
  6. Para envolvelas: darlles forma, coa man, con dúas culleres, etc, pasar por pan relado, ovo batido e Crunchy Crumbs.
  7. Logo fritir en abundante aceite moi quente.


Dificultade: Media
Tempo aproximado: 30 minutos (máis o tempo do rebozado)