Cantuccini ou biscotti di Prato

Moito me gusta as galletas de améndoas e había tempo que tiña ganas de facer estas. A receita orixinal é tradicional da Toscana,o seu nome, biscotti, vén de que se cocen dúas veces. 
Nesta receita usei a fariña sen glute de repostaría de ADPAN, pero imaxino que quedarán ben con calquera outra marca.


Ingredientes:

100 g de fariña sen glute para repostaría, 100 g de fariña de améndoa, 110 g de azucre, 1 ovo, unha xema de ovo, 1 culleriña de lévedo químico, 100 g de améndoas tostadas picadas, 20 g de manteiga a temperatura ambiente.


Elaboración:


  1. Se as améndoas están crúas tostalas nunha tixola e picalas.
  2. Mesturar todos os ingredientes na batedora.
  3. Formarase unha masa un pouco pegañenta, manexala coas mans húmidas para que non se pegue.
  4. Facer como unha barra de pan coa masa, aplastala un pouco ata que quede como a altura dun dedo.
  5. Meter no forno a 180ºC, durante uns 15 minutos ou ata que a masa empece a torrarse.
  6. Sacar do forno e deixar arrefriar.
  7. Cortar en anacos coma dun centímetro de grosor.
  8. Poñer os anacos na bandexa do forno e volver a metelos a 180ºC durante uns 5 minutos.
  9. Darlles a volta e metelos no forno outros 5 minutos.
  10. Sacar e deixar arrefriar.
  11. Poden gardarse nun bote ou caixa que peche ben.


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 40 minutos.

Comentarios