Sopa de ameixas con miso

O miso é unha pasta fermentada de soia. Utilízase na cociña xaponesa como condimento, existen diferentes tipos de miso: branco, vermello ou negro. Dende que descubrín o miso encántame elaborar sopas con el, potencia o sabor dunha sopa de verduras e permite elaborar un saboroso caldo de maneira moi sinxela.

Ingredientes: 

1 kg de ameixas, 2 litros de auga mineral, unha folla de alga kombu de 10x10 cm, 150 g de nabo, 70 g de miso vermello (comprobar que sexa sen glute), ceboliño.


Elaboración:

  1. Se é necesario poñer as ameixas en auga con sal para que boten as areas.
  2. Cortar a folla de alga en tiras e poñela a remollo nos dous litros de auga mineral durante dúas horas.
  3. Pelar o nabo e cortalo en láminas finas dun centímetro de lado aproximadamente.
  4. Despois das dúas horas poñer a ferver a auga coa alga xunto coas ameixas e o nabo.
  5. Cando empece a ferver retirar a alga da auga.
  6. Poñer nun cuenco o miso e disolvelo cun pouco do caldo. Botalo no caldo e deixar a lume moi suave sen que ferva durante uns minutos.
  7. Servir a sopa e engadirlle o ceboliño picado fino.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 40 minutos máis as dúas horas de repouso da alga na auga.