Polos de froitos vermellos

Estes polos son moi fáciles de facer e o resultado é moi bo, quedan moi cremosos e cun intenso sabor dos froitos. Penso que quedarán ben con calquera combinación de froitos vermellos  ou incluso cun só tipo deles.


Ingredientes:

125 g de arandos, 125 g de framboesas, 125 g de amoras, 200 g de leite condensado, 100 g de iogur grego, o zume de media lima.


Elaboración:


  1. Reservar unha ducia de cada un dos froitos vermellos.
  2. Poñer o resto nun cazo xunto co zume  de media lima. Facelos a lume lento ata que estean desfeitos. 
  3. Triturar coa batedora de man.
  4. Pasar o puré de froitos vermellos polo coador para separar as sementes.
  5. Mesturar 150 g do puré co leite condensado e o iogur.
  6. Engadir froitos enteiros ou reservalos para adornar os polos.
  7. Arrefriar a mestura.
  8. Botar a mestura en moldes para polos*.
  9. Insertar o pauciño e metelos ao conxelador.
  10. Se se queren adornar, despois dunha hora sacar do conxelador e botarlles por enriba algúns froitos.
  11. Deixalos no conxelador polo menos 8 horas.




*Pódese utilizar como molde calquera recipiente que poda meterse no conxelador: vasiños de plástico, moldes de silicona, etc...


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 40 minutos máis o tempo de arrefriado e de repuso no conxelador.

Comentarios