Xeado de abelás

O xeado de abelás sempre foi un dous meus preferidos. Hai tempo que tiña na casa pasta de abelás así que pareceume que podía aproveitala para facer este xeado dun xeito moi fácil. Neste receita volvín a utilizar o neutro para xeado de Dayelet, pero se non se dispón del creo que pode substituirse por amidón de millo.

Ingredientes:

450 g de leite enteiro, 200 g de nata (35%), 100 g de azucre, 150 g de pasta de abelás, 15 g de estabilizante neutro para xeados de Dayelet.


Elaboración:

  1. Mesturar o leite e a nata, quentar ata que empece a ferver.
  2. Engadir a pasta de abelás e remexer.
  3. Engadir o azucre e remexer ata que estea ben disolto.
  4. Retirar do lume e engadir o estabilizante.
  5. Bater coa batedora ata ter unha mestura homoxénea.
  6. Deixar arrefriar completamente e meter na neveira para baixar a temperatura.
  7. Cando a mestura estea ben fría poñela na máquina de xeados* para mantecar.
  8. Gardar no conxelador.
  9. Para servir sacar do conxelador uns 10 minutos antes.


*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos máis o tempo que tarda en arrefriar a mestura.